{"id":3664,"date":"2017-09-27T17:40:35","date_gmt":"2017-09-27T16:40:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.lafede.cat\/?page_id=3664"},"modified":"2017-09-28T15:53:48","modified_gmt":"2017-09-28T14:53:48","slug":"somos-defensoras-diante-da-represion-defendemos-os-dereitos-humanos","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/www.lafede.cat\/ca\/somos-defensoras-diante-da-represion-defendemos-os-dereitos-humanos\/","title":{"rendered":"Somos defensoras. Diante da represi\u00f3n defendemos os dereitos humanos"},"content":{"rendered":"

O referendo de autodeterminaci\u00f3n na Catalu\u00f1a, previsto para o 1 de outubro e demandado por unha ampla maior\u00eda da cidadan\u00eda catal\u00e1, quere determinar cal \u00e9 a relaci\u00f3n da Catalu\u00f1a co estado espa\u00f1ol. O referendo \u00e9 un mecanismo para visualizar e transformar o conflito pol\u00edtico existente. A resposta represiva do Estado espa\u00f1ol para o impedir, con actuaci\u00f3ns xudiciais e policiais contra as instituci\u00f3ns catal\u00e1s democraticamente escollidas, sup\u00f3n un grave retroceso en materia de garant\u00eda de dereitos humanos e liberdades individuais e colectivas na Catalu\u00f1a, e unha deterioraci\u00f3n da democracia e o Estado de dereito no seu conxunto. Estas actuaci\u00f3ns non se poden aceptar no marco de estados democr\u00e1ticos<\/strong>. Por isto desde a sociedade civil apelamos \u00e1 solidariedade e ao apoio nacional e internacional, e pedimos a adhesi\u00f3n a este comunicado.<\/p>\n

Como entidades cun longo percurso en defensa dos dereitos humanos denunciamos que as medidas que adoptou o Estado espa\u00f1ol como resposta \u00e1 convocatoria do referendo do 1 de outubro \u2013suspendido, mais a\u00ednda non declarado inconstitucional polo Tribunal Constitucional-, te\u00f1en finalidades basicamente intimidatorias, fix\u00e9ronse en moitos casos sen amparo xudicial e contrar\u00edan tratados internacionais ratificados polo Estado, como o Pacto Internacional de Dereitos civ\u00eds e Pol\u00edticos e mais o Convenio Europeo para a Protecci\u00f3n dos Dereitos Humanos e as Liberdades Fundamentais, a propia Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola e disposici\u00f3ns do Estatuto de Autonom\u00eda. Estas medidas son innecesarias, claramente desproporcionadas e supo\u00f1en a vulneraci\u00f3n de catro dereitos humanos fundamentais: o dereito a un xu\u00edzo xusto e a tutela xudicial efectiva; o dereito \u00e1 intimidade, \u00e1 inviolabilidade do domicilio e \u00e1 privacidade das comunicaci\u00f3ns; o dereito \u00e1 liberdade de expresi\u00f3n e de informaci\u00f3n, e o dereito \u00e1 liberdade de reuni\u00f3n e manifestaci\u00f3n. <\/strong><\/p>\n

Canto ao dereito a un xu\u00edzo xusto e \u00e1 tutela xudicial efectiva, <\/strong>e diante da orde do Fiscal Xeral citando cargos p\u00fablicos a declarar, DENUNCIAMOS: <\/strong>que se trata dunha actuaci\u00f3n procesual abusiva que vulnera, entre outros, o principio de proporcionalidade e de intervenci\u00f3n penal m\u00ednimas. Estamos perante unha criminalizaci\u00f3n prematura \u2013 os feitos a perseguir non vir\u00e1n a consumarse, en todo o caso, at\u00e9 o 1 de outubro-, ben como innecesaria pois da propia orde do fiscal ded\u00facese que xa se presentaron querelas xudiciais que abranguen estes feitos.<\/p>\n

Canto ao dereito \u00e1 intimidade, \u00e1 inviolabilidade do domicilio e mais \u00e1 privacidade das comunicaci\u00f3ns, <\/strong>e perante actuaci\u00f3ns en empresas p\u00fablicas e privadas de servizos postais DENUNCIAMOS:<\/strong> que o dereito \u00e1 intimidade no domicilio privado e social e na privacidade de comunicaci\u00f3ns son dereitos b\u00e1sicos nun Estado de dereito, e s\u00f3 poden limitarse a trav\u00e9s dunha orde xudicial, por unha finalidade lex\u00edtima, e de maneira proporcionada. Estas actuaci\u00f3ns son innecesarias pois non queren protexer un interese superior e decid\u00edronse de maneira arbitraria.<\/p>\n

Canto ao dereito \u00e1 liberdade de expresi\u00f3n e a recibir informaci\u00f3n, <\/strong>e perante as diferentes actuaci\u00f3ns para evitar a difusi\u00f3n de determinadas mensaxes e campa\u00f1as, lembramos que as limitaci\u00f3ns da liberdade de expresi\u00f3n, dereito que fai parte do n\u00facleo esencial do principio democr\u00e1tico e do pluralismo pol\u00edtico, <\/strong>s\u00f3 se xustifican cando as ideas en causa signifiquen unha vulneraci\u00f3n directa e grave doutros dereitos ou bens constitucionalmente protexidos ou sexan susceptibles de conduciren a un dano ou risco real e serio. En relaci\u00f3n cos medios de comunicaci\u00f3n, os posibles l\u00edmites do dereito de informar deber\u00edan basearse na protecci\u00f3n doutros dereitos fundamentais.<\/strong><\/p>\n

DENUNCIAMOS: <\/strong>que as informaci\u00f3ns que tentaron prohibir ou limitar a s\u00faa difusi\u00f3n non supo\u00f1en dano grave ning\u00fan e que as medidas adoptadas contra os medios de comunicaci\u00f3n son interferencias desorbitadas e non xustificadas.<\/p>\n

Canto \u00e1s limitaci\u00f3ns do dereito \u00e1 liberdade de reuni\u00f3n e manifestaci\u00f3n, e perante a prohibici\u00f3n de actos, <\/strong><\/p>\n

DENUNCIAMOS:<\/strong> a absoluta falta de xustificaci\u00f3n destas limitaci\u00f3ns, visto o constatado car\u00e1cter pac\u00edfico destes actos e como expresi\u00f3n do pluralismo pol\u00edtico, un dos valores superiores segundo o artigo 1.1 da Constituci\u00f3n. As tomadas, son decisi\u00f3ns que tratan de xudicializar e criminalizar a lex\u00edtima mobilizaci\u00f3n cidad\u00e1, ao mesmo tempo que se rexeitan as necesarias v\u00edas de di\u00e1logo e negociaci\u00f3n dun conflito pol\u00edtico expresado de maneira pac\u00edfica.<\/p>\n

Por estes motivos e razoamentos xur\u00eddicos consideramos imprescindible parar de maneira urxente a escalada represiva en materia de dereitos humanos e liberdades fundamentais que se est\u00e1 a producir na Catalu\u00f1a. E para isto, <\/strong><\/p>\n

ESIXIMOS <\/strong>aos representantes pol\u00edticos que cumpran co seu cometido de resolver os problemas politicamente e non con actuaci\u00f3ns represivas contra aqueles e aquelas que representan.<\/p>\n

Encoraxamos<\/strong> a cidadan\u00eda a continuaren a defenderen os seus dereitos mediante a mobilizaci\u00f3n, concentraci\u00f3ns, manifestaci\u00f3ns ou acci\u00f3ns populares de desobediencia civil de acordo cos principios da non violencia e a paz. S<\/strong>olidariz\u00e1monos <\/strong>con todas as persoas que sufriron at\u00e9 agora a represi\u00f3n.<\/p>\n

Diante de calquera outra vulneraci\u00f3n de dereitos fundamentais anunciamos que pomos en marcha unha rede de Observadores e Observadoras de dereitos para realizar o seguimento necesario o 1 de outubro, <\/strong>xunto con acompa\u00f1amento legal e psicosocial, e activamos mecanismos de denuncia, asesoramento e protecci\u00f3n<\/strong> para facer fronte a actuaci\u00f3ns policiais e xudiciais desde agora at\u00e9 o d\u00eda do referendo, e no seu caso, habemos mantelos posteriormente.<\/p>\n

Barcelona, 22 de setembro de 2017<\/p>\n

\n

Adhi\u00e9rete al manifiesto<\/h2>\n

Acepto la cesi\u00f3n de mis datos para uso exclusivo de Lafede.cat. En cumplimiento de la LOPD, podr\u00e9 ejercer mi derecho de acceso, rectificaci\u00f3n, cancelaci\u00f3n y oposici\u00f3n con una comunicaci\u00f3n a informacio@lafede.cat<\/a>.<\/p>\n

\n

Adhesiones de entidades<\/h3>\n\n
\n

<\/p>

    <\/ul><\/div>\n
    \n
    \n\n\n\n\n\n\n<\/div>\n

    \n<\/p>